E se vos propoño uns retos diarios?
Animádesvos?
Eu sí...
MARTES: somos parte da historia...
Que vos parece se deixamos por escrito unha
breve redacción en galego ou castelán do que está a acontecer estos días, as
vosas rutinas, os vosos sentimentos, inquedanzas...? Podedes gardala nunha
caixiña ou nun lugar segredo e dentro dun tempo podedes buscala e volvela a
ler... como unha máquina do tempo.
MÉRCORES: somos uns artistas...
Hoxe estamos máis creativos que nunca...
poderiades facer un debuxo / composición con temática libre e con
materias que teñades pola casa, materiais de refugallo...? Deixade voar a vosa
imaxinación, eu confío en vós, TODOS E TODAS LEVAMOS UN XENIO DENTRO.
XOVES: é hora de xogar e aprender...
Que vos parece se inventamos un xogo para
toda a familia?
Escribide todas as regras e describide os
materias necesarios para xogar, fichas, taboeiro,...
VENRES: a fin de semana está pretiño e con
ela o tempo das lambonadas...
Podedes propoñer unha receita (doce ou
salgada)? Non esquezades anotar os ingredientes e as cantidades necesarias...
Ñam, ñam, ... XA ARRECENDE
Non esquezades que estes retos son
suxestións,
se vos animades e queredes enviar fotos para compartir cos compis
enviádesmo e eu o subo ao blog de aula.